Cabuxa

Obradoiro – Taller Cabuxa Tradición artesá en pel

Nalgún momento vos temos falado do taller – obradoiro Cabuxaese anexo físico, creativo e emocional do noso día a día que máis que un espazo de traballo é a alma das nosas creacións e o noso punto de encontro particular de colaboradores artesáns, artistas, amigos e clientes que se achegan para coñecer de primeira man o noso proceso de confección e estampación en pel.

Tras a boa acollida das nosas coleccións nas feiras do pasado verán e os contactos realizados nos salóns profesionais do sector, o obradoiro convértese no noso sitio preferido, o centro de operacións onde confeccionamos e distribuímos cada un dos pedidos para que cheguen puntualmente ao seu destino. Aos encargos dos nosos habituais puntos de venda en toda España (tendas)este ano súmanse os complementos e pezas de prata e pelde deseño propio que viaxarán a distintos países europeos onde a produción artesanal en pel co selo de calidade Artesanía de Galicia goza de gran recoñecemento.

De forma paralela á elaboración de coleccións de produción limitadabolsos, billeteros, mochilas, accesorios, bixutería,…- en Cabuxa creamos dúas modalidades exclusivas de deseño: As pezas únicas das que producimos unha soa unidade, e as creacións a demanda, unha liña coa que crear desde a base calquera deseño en pel e personalizalo segundo as necesidades e gustos do cliente. As pezas únicas e as creacións a demanda entréganse xunto cunha certificación de exclusividade que é garantía da singularidade irrepetíbel do seu deseño. Se estás a pensar no agasallo estrela deste Nadal, bótalle un ollo á selección de pezas únicas dispoñíbeis na nosa tenda en liña, ou cóntanos a túa idea e deseñaremos o teu complemento perfecto en pel.

En todas as modalidades de traballo que desenvolvemos no noso obradoiro, supervisamos todos os detalles do proceso artesanal para elaborar pezas irrepetíbeis co savoir faire que distingue a calidade e deseño de Cabuxa. Desde a elección dos máis altos estándares en eles de curtidurías sostibles até o tratamento das ilustracións de artistas, o tintado e secado, a confección de patróns, o corte, ensamblado, lustrado, cosido das pezas,… ¡Necesítanse moitas horas de traballo para facer un bolso de artesanía en pel e máis dunha vida para gozalo!