Cabuxa

Unha visión sobre a oferta formativa dirixida á nova xeración deartesanos do coiro e a pel

#Ante a eterna disxuntiva de se o artesán/artista “nace ou se fai” exposta no pasado post, concluïamos que unha contorna propicia favorece unha orientación laboral adaptada ás capacidades e inclinacións creativas de cada persoa. No meu caso foi esa bagaxe adquirida o que me foi levando polos camiños da artesanía hasta chegar a afianzarme de forma autodidacta, no traballo manual da pel. Afortunadamente, o panorama formativo dirixido a los artesanos do mañá vive unha renovación continua.

Nos últimos anos, a querencia polo “feito a man” e o paulatino cambio nos usos e costumes de consumo cada vez máis consciente dos procesos produtivos sostibles, revelou unha nova sensibilidade incorporando plans de estudos dinámicos e especializados en deseño, creación e produción en coiro e pel. Unha oportunidade de formación reglada que permite empoderar a moitos xóvenes a tomar iniciativas enfocadas ao mundo laboral da artesanía contando nos sus estudios con respaldo e asesoramento profesional. Por iso e despois de experimentar a nula existencia formativa nos meus inicios como artesá, convídovos a coñecer un pouco máis sobre os actuales grados de titularidade públicaque existen no noso país e que abren as portas á tecnificación e renovación do sector.

O Real Decreto 1461/1995 do 1 de setembro (https://www.boe.es/oi/es/rd/1995/09/01/1461), oficializa o título de Técnico de Artes Plásticas e Deseño en Artesanía de Complementos de Coiro, pertencente á familia profesional de las Artes Aplicadas á Indumentaria con validez en todo o territorio nacional. Neste marco, actualmente existen dous centros formativos de titularidade pública: na cidade de Burgos (dependente da Junta de Castilla y León) e en Madrid (dependente da Comunidad de Madrid). Ambos con ciclos de grao medio que facultan para a titulación de Técnico de Artes Plásticas e Deseño na especialidade de Artesanía de Complementos de Coiro. Os seus respectivos plans de estudos distribúense en dous cursos de aproximadamente 1.600 horas lectivas, con proxecto final, prácticas en empresas ou talleres e acceso a bolsas de traballo.

Dentro da oferta educativa pública, a Escola de Arte Mateo Inurria de Córdoba, dependente de la Xunta de Andalucía, impulsou a creación do Grado Superior de Artes Plásticas e Deseño na especialidade de Técnicas Escultóricas en Pel, un ciclo que en palabras da propia escola “posibilita a recuperación do enorme patrimonio que representaron para a ciudade as manufacturas de cordobanes e guadamecíes, e que abre novas posibilidades de experimentación e aplicación a todo tipo de traballos en pel.

Podedes ampliar toda a información -plans de estudos e erasmus, solicitude de bolsas, axudas, validacións, títulos etc.- nas respectivas webs de cada escola:

Fronte á aínda limitada oferta pública a ciclos formativos da pel e o coiro, talleres e artesáns do sector imparten cursos de iniciación e elaboración de complementos. De vocación eminentemente práctica, estes workshops supoñen unha primeira toma de contacto para quen queira coñecer o oficio antes de decidir cursar un grao medio ou superior. Unha oportunidade que recomendo desde a miña experiencia como docente en cursos organizados polo concello de Celanova (Ourense) e Tui (Pontevedra), e que está dispoñible en moitas cidades grazas ás convocatorias promovidas por asociaciones de artesáns e colaboracións con entidades públicas de carácter provincial (deputacións) ou municipal (concellos, casas da mocidade,…).

Neste sentido, a cidade de Vigo alberga un dos centros de referencia na formación interdisciplinar de artes e oficios artísticos; por el pasaron xeracións de profesionais da cerámica, a escultura, a encadernación artística ou moda e confección, entre outros. Situada no corazón da cidade olívica e dependente do Servizo de Educación do Concello, a Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) (https://hoxe.vigo.org/movemonos/educacion7.php?lang=cas#/) conta cun ambicioso plan de estudos no que se inclúe a especialidade Artesanía en Coiro segmentada en tres niveles: básico, superior e avanzado. A finalización dos estudos capacita ao alumn@ para o desenvolvemento do oficio coas competencias profesionais adquiridas e facúltao para validar as horas cursadas pola Carta de Artesán que outorga, neste caso, a Xunta de Galicia.

Nun post dedicado á formación da nova xeración de artesáns en pel, non podía faltar unha mención especial á Fundación MOVEX, Centro Tecnolóxico da Pel( (http://www.movexct.com/) (Ubrique-Jaén) ubicado no epicentro do clúster da marroquinería en España e impulsor xunto coa Universidade Politécnica de Madrid (https://www.upm.es/) e o respaldo de grandes marcas do sector da moda, do primeiro Máster de Deseño en Piel en o noso país no que Naín Rodríguez Alonso, segunda xeración de Cabuxa, cursou o seu estudos de posgrao.

Desde a perspectiva dos meus anos de traxectoria profesional como artesá e fundadora da marca Cabuxa, animo a todos os que sentísedes esa punzadita de crear coas mans, a adquirir coñecementos, interactuar con profesionais e formarse nun sector eminentemente artesán que mira cara a un futuro vangardista desde a tradición e o diálogo sensorial coa pel.