Cabuxa

,

Bolso portadocumentos Nexo ‘Coco’

Referencia: BPCOCO Categorías: ,

357,00 €

Bolso de liñas depuradas e estilo minimalista, con capacidade para usarse como portadocumentos ou
bolso privado. O seu peche de solapa encaixada achega un toque de elegancia funcionalidade.
Pode levarse de man ou como bandoleira, grazas á súa asa regulable.
O bolso Coco esta realizado en pel de vacún cun debuxo que imita un trenzado, mentres que o peche
de solapa é de coiro liso.
As súas formas laterais, suavemente redondeadas, engaden fluidez ao deseño e unha sensación de lixeireza
visual.
Fabricado en pel de vacún e forro de pel de pecarí, une deseño, artesanía e versatilidade nunha soa peza.

Correa extraíble e axustable
Guantera interior
Material principal pel de vacún
Forro de pecarí
Logo Cabuxa en prata de lei
Cor: Cognac
Longo de bandoleira: 135–155 cm
Caída de bandoleira: 55–70 cm
Ancho: 39 cm
Alto: 26 cm
Fondo: 8 cm
Peso:630 gr
Feito a man en Galiza.

Esgotado

Coidados básicos

Para conservar o seu artigo Cabuxa nas mellores condicións, evite o contacto con produtos grasos, cosméticos, perfumes e locións, que poderían causar a decoloración da pel. Se o seu artigo se molla, retire o exceso de auga con toallitas secas sen fregar e deixe secar a temperatura ambiente ou axúdese dunha fonte de aire natural frio. É conveniente que garde o seu complemento sempre na súa embalaxe orixinal.

Envíos e devolucións

Podes consultar as nosas condicións para envíos e devolucións aquí.