Cabuxa

Mundo Cabuxa

Mundo
Cabuxa

No noso espazo creativo a arte e a artesanía camiñan xuntas. Cabuxa está situada ao sur de Galicia, desde aquí deseñamos e creamos diferentes complementos de pel, únicos e irrepetibles que respiran sensibilidade creativa e elaboración artesá.

As nosas coleccións teñen un selo de atemporalidade, integrando modernidade, innovación e tradición e que están pensadas para perdurar no tempo.

· ARTE NA PEL DESDE 1980 ·

En Cabuxa o proceso de creación coidase ao detalle, desde a selección das peles sostibles, ata a elaboración, estampación e montaxe manual de cada peza.

A nosa expresión ‘Arte na Pel’ , define á perfección unha fórmula única e exclusiva da nosa marca: a tinta penetra na pel como unha tatuaxe totalmente indeleble que reproduce calquera imaxe ou ilustración en detalle.

VALOR ARTESÁN

Cada unha das nosas pezas, é unha pequena obra de arte, única e irrepetible que nace do valor artesán e do imaxinario creativo da marca.

A aposta pola arte e as novas expresións plásticas impulsounos a colaborar con artistas que atopan nas nosas pezas un escaparate único onde plasmar a súa obra, e unha colaboración profesional comprometida.

Pintura, ilustración, grafiti, poesía, fotografía, … son moitas as técnicas creativas que inspiran as nosas coleccións. Bolsos e complementos que transmiten a paixón pola arte, a tradición artesá e a innovación.

UN POUCO DE HISTORIA

Son Ana Alonso, “alma mater” de Cabuxa e apaixonada do mundo da arte e da artesanía. Aprendín desde moi novo o oficio do coiro da man de artesáns no sur de España. Un primeiro contacto que me animou a seguir formándome e aprender novas técnicas de creación en pel.

A unión profesional con Alfredo, a miña parella, consolidou a marca, unindo a miña creatividade co seu coñecemento no mundo téxtil; xuntos creamos unha técnica de estampaxe que define noso proxecto ‘Arte na Pel’.

Coa incorporación do meu fillo, Naín -máster de deseño en pel pola fundación Loewe- Cabuxa está inmersa nunha continua renovación de coleccións que falan de experiencia profesional, alta calidade e orixinalidade plástica. Unha perfecta fusión de arte, paixón e tecnoloxía.

O noso blog

ÚLTIMOS ARTIGOS