Colgante grande ‘Las doce en .’
48,00 €
Unha peza pensada para asumir o protagonismo. O seu formato e a forza gráfica do reloxo converten este colgante nun elemento de gran presenza, capaz de definir por si só un look e achegar carácter mesmo ás prendas máis sinxelas. Está realizado en pel estampada nas dúas caras, co motivo do reloxo marcando as doce. No reverso, os círculos e números que evocan as horas completan a peza e permiten descubrir o deseño desde diferentes ángulos. A anela superior é de aceiro cirúrxico e o cordón, con peche de pel, permite regular facilmente o longo: pode levarse máis próximo ao colo ou situarse por debaixo do peito, adaptándose a distintas prendas e formas de levalo.
Medidas: 10 × 7 cm
Materiais: pel, aluminio e aceiro cirúrxico
Largo: regulable mediante cordón de pel
Cor: pel en tons brancos y grises; metais en negro.
Feito a man en Galiza
Dispoñibilidade: Hai existencias







