Aida Alonso
Coas mans cheas de salitre medrou acompañada de libros, cores e
papeis fermosos. De formación artística, desenvolve proxectos para o
sector privado e organismos oficiais en diferentes campos —editorial,
cartelaría, produto, animación, land-art…—, moitos deles con técnicas
manuais.
Foi premiada por «O Salón XXII edición» e ilustrou Pedro, o piloto de
gaivotas, de Manuel Darriba (Belagua Ediciones), e Pinga, de Andrea Freire
(Antela Editorial). Tamén imparte obradoiros de ilustración e libros móbiles,
e estimúlaa e nútrea colaborar con outros creativos.
Vive a ilustración e a arte como un espazo de observación, exploración,
xogo e reflexión, de imaxinación expandida. Un lugar onde iluminar
pensamentos, emocións e sensacións, buscando transmitir
poeticamente máis alá da palabra.
Ultimamente «debuxa» con tesoiras.
