Cabuxa

Historia dos Artistas

Foto cedida por Leandro Lamas e realizada por Charo Lopes.

Histórico de artistas

Este é un lugar moi especial para nós, a axenda onde gardamos a historia dos artistas que pasaron por Cabuxa e cos que compartimos lembranzas únicas. Sen dúbida, cada un deles garda un anaco da nosa historia máis aló do ámbito profesional. Hoxe moitos son amigos cos que seguimos colaborando, e todos eles son inspiración creativa. Moitas grazas a todos!

Presentamos a nosa particular Historia dos artistas. As súas obras ilustraban as nosas coleccións cuxas pezas estaban etiquetadas co nome e sinatura do seu autor. Nesta sección podedes coñecer aos artistas cos que colaboramos ao longo destes anos.

Pero hai moitos máis! Convidámoste a facer un percorrido pola nosa Galería de artistas ; onde coñecerás a todos os artistas cos que traballamos para ilustrar as nosas novas coleccións .