Colgante pequeno ‘Las doce en .’
35,00 €
Unha versión máis lixeira e discreta de LAS DOCE EN •, pensada para quen busca levar a linguaxe da colección dunha maneira máis sutil. O seu formato pequeno mantén intacto o motivo do reloxo e permite combinalo facilmente con diferentes estilos e escotes. Está realizado en pel estampada nas dúas caras, co reloxo marcando as doce como motivo principal. No reverso, os círculos e números que evocan as horas completan o deseño. Incorpora unha cadea de aceiro cirúrxico suxeita mediante unha anela ao aro de aluminio, que achega lixeireza e continuidade á peza.
Medidas: 3,5 × 2 cm
Materiais: pel, aluminio e aceiro cirúrxico
Cadea: 45 cm
Peche: mosquetón de lagosta de aceiro cirúrxico negro
Cor: pel en tons brancos y grises; metais en negro.
Feito a man en Galiza
Dispoñibilidade: Hai existencias










