Pendentes, Xoiería artesanal
Pendente pequeno ‘Libelula Gris’
39,00 €
Elegantes e lixeiros, estes pendentes con forma de libélula e dun tamaño medio, están elaborados en pel de pergamiño e tratados con resina para achegar volume, brillo e maior resistencia.
Os engarces son de prata de lei, garantindo calidade e durabilidade.
Un complemento sofisticado e orixinal, ideal para calquera ocasión.
Medidas: 55,00 x 30,00 mm
Feito a man en Galicia
Dispoñibilidade: Hai existencias
Coidados básicos
Para conservar o seu artigo Cabuxa nas mellores condicións, evite o contacto con produtos grasos, cosméticos, perfumes e locións, que poderían causar a decoloración da pel.
Se o seu artigo se molla, retire o exceso de auga con toallitas secas sen fregar e deixe secar a temperatura ambiente ou axúdese dunha fonte de aire natural frio.
É conveniente que garde o seu complemento sempre na súa embalaxe orixinal.
Envíos e devolucións
Podes consultar as nosas condicións para envíos e devolucións aquí.