Pendentes, Xoiería artesanal
Pendente pequeno con bola y peche de presión ‘Las doce en .’
35,50 €
Unha versión máis lixeira e contida do deseño, na que a pequena escala permite levar o motivo de LAS DOCE EN • dunha maneira sutil e fácil de combinar. A pel, estampada co reloxo marcando as doce, concentra nun formato reducido toda a linguaxe gráfica da colección. A pequena bola de aceiro cirúrxico achega un detalle de contraste e acompaña a peza cun movemento delicado. A bola sitúase na parte dianteira e vai unida mediante un perno ao peche de presión, que queda na parte posterior.
Medidas: 4 × 2 cm
Materiais: pel, aluminio e aceiro cirúrxico
Peche: bola de acero quirúrgico con cierre de presión
Cor: pel en tons brancos e grises; metais en negro.
Feito a man en Galiza
Coidados básicos
Para conservar o seu artigo Cabuxa nas mellores condicións, evite o contacto con produtos grasos, cosméticos, perfumes e locións, que poderían causar a decoloración da pel.
Se o seu artigo se molla, retire o exceso de auga con toallitas secas sen fregar e deixe secar a temperatura ambiente ou axúdese dunha fonte de aire natural frio.
É conveniente que garde o seu complemento sempre na súa embalaxe orixinal.
Envíos e devolucións
Podes consultar as nosas condicións para envíos e devolucións aquí.







