Pendentes, Xoiería artesanal
Pendente pequeno con gancho hippie ‘As doce en .’
33,00 €
Unha peza lixeira e estilizada que combina a sinxeleza do formato pequeno co carácter desenfadado do gancho hippie. A súa silueta alongada acompaña o movemento de maneira natural e achega un toque diferente ao conxunto. A pel, estampada co reloxo marcando as doce, concentra a linguaxe gráfica de LAS DOCE EN • nunha peza fácil de levar e combinar. O gancho hippie de aceiro cirúrxico permite que a peza quede suspendida e se mova suavemente ao levala.
Medidas: 5 × 2 cm
Materiais: pel, aluminio e aceiro cirúrxico
Peche: gancho hippie de aceiro cirúrxico
Cor: pel en tons brancos e grises; metais en negro.
Feito a man en Galiza
Dispoñibilidade: Hai existencias
Coidados básicos
Para conservar o seu artigo Cabuxa nas mellores condicións, evite o contacto con produtos grasos, cosméticos, perfumes e locións, que poderían causar a decoloración da pel.
Se o seu artigo se molla, retire o exceso de auga con toallitas secas sen fregar e deixe secar a temperatura ambiente ou axúdese dunha fonte de aire natural frio.
É conveniente que garde o seu complemento sempre na súa embalaxe orixinal.
Envíos e devolucións
Podes consultar as nosas condicións para envíos e devolucións aquí.







