Foto cedida por Leandro Lamas e realizada por Charo Lopes.
Galería de artistas
Presentamos a nosa particular Galería de Artistas. As súas obras ilustran as nosas coleccións cuxas pezas están etiquetadas co nome e a sinatura do seu autor. Nesta sección podedes coñecer os artistas cos que colaboramos actualmente.
Pero hai moitos máis! Convidámoste a facer un percorrido pola nosa Historia do Artista ; unha pequena homenaxe a todos aqueles que cos seus traballos nos acompañaron na nosa viaxe.
E se tamén queres colaborar connosco e formar parte da nosa Galería, envíanos o teu traballo… estaremos encantados de coñecerte!