A estas alturas moitos estaredes de regreso de vacacións ou quizais de camiño… En Cabuxa, despois do noso paso pola feira de artesanía Mostrart da Coruña e as “citas obrigadas” do verán, iniciamos a volta respirando un tempo lento e pautado, acumulando bos recordos que, como nun blues nostálxico de ritmos sincopados, por momentos alterna cun frenético ‘swing’; os nosos pés non deixaban de marcar o ritmo dos clásicos do jazz que a radio emitía na nosa volta a casa. Con boas vibracións nas nosas cabezas, o obradoiro converteuse no escenario perfecto para poñer mans á obra e ultimar os detalles da nova colección Jazz Cabuxa
A cultura visual do mundo do jazz ten na técnica do collage a capacidade de crear atmosferas propias. Recortes de prensa, vellas entradas, flyers, carteis, setlists de sesións… recollen pequenos anacos dun universo que atesoura a beleza da espontaneidade, a creatividade e o ritmo do mundo do jazz. Tras un longo proceso de documentación, selección e dixitalización de imaxes, creamos un mosaico ‘jazzístico’ que estampamos sobre unha pel vacún de tacto dúctil e agradable. Para o tinguidura da pel tiñamos claro que vermello e negro serían as cores clave que reforzarían o ambiente vibrante, rúa e noctámbulo da época dourada do jazz. Iniciamos a produción da nova colección cunha pel de vacún negra procedente de curtidurías sostibles coa que creamos bolsos tipo clutch, de ombreiro, e bandoleiras, ademais de moedeiros, carteiras, funda de lentes, libretas e axendas.
Próximamente, lanzaremos tamén na nosa tenda en liña a colección Jazz Rojo Cabuxa.
Ao contrario da improvisación que caracteriza as jam sessions, no obradoiro Cabuxa rexémonos polo “ritmo artesán”, ese no que os tempos de produción veñen dados polo proceso de corte, estampación, ensamblado, cosido, lustrado… n ritmo co seu propio “tempo” que fundamenta a creación de bolsos, pequena marroquinería, accesorios, e pezas únicas, sempre co distintivo “Artesanía de Galicia”.
Non se nos ocorre mellor forma de dar a benvida á nova colección Jazz Cabuxa que convidarvos a gozar de toda a beleza e emoción dun dos nosos intérpretes favoritos:
¡Que o gocedes!