Os obradoiros artesáns falan da personalidade de quen os viven Son como eses cuartos propios onde un pasa horas deseñando, bosquexando, ensamblando… O noso obradoiro Cabuxa é un “maremagnum” creativo que exuda traballo artesán entre peles, ferramentas, tintes e fíos, e no que, de forma gradual, novos materiais como a madeira ou a fibra de carbono toman posicións grazas ás innovacións que o noso protagonista de hoxe, Naín Rodríguez Alonso, fusiona cos métodos tradicionais.
Naín representa a segunda xeración da marca Cabuxa® Cunha curiosidade innata e gran capacidade resolutiva, medrou rodeado de anacos de coiro, troqueis, ferramentas e bosquexos nun ambiente aberto á expresión plástica. Compaxinou os seus estudos entre o mundo da música e a electromecánica, cuxos coñecementos aplica na fabricación das súas propias ferramentas; con todo, a súa paixón polo deseño e os procesos creativos levárono ata o Centro Tecnolóxico da Pel de Andalucía -Ubrique-, onde realizou un Máster de Deseño en Pel pola Fundación Loewe. A formación adquirida, xunto coa súa capacidade de traballo e investigación, converteron a Naín Rodríguez Alonso nunha peza clave do obradoiro Cabuxa.
Colecciónscomo Urban Nature e Street Box -ambas esgotadas- onde nalgún caso incorpora a madeira como elemento construtivo, o clutch ‘Evoleira’ realizado en madeira de balsa e fibra de carbono e presentado ao Certame de Artesanía de Galicia 2017, xunto coas súas achegas na construción de bolsos como o tote de El pasatiempo de los príncipes, son só algúns exemplos do traballo realizado por Naín para Cabuxa.
Alguén referiuse a Naín apelando ao espírito innovador dos “homes do Renacemento” pola súa inventiva e a destreza construtiva coa que deseña e desenvolve proxectos de forma case autodidacta. E é que Naín compatibiliza a súa dedicación en Cabuxa cunha incansable curiosidade pola mecánica das cousas e dúas das súas grandes paixóns: a música e o surf; el mesmo deseña e constrúe en madeira desde auriculares e guitarras tipo “custom”, ata táboas de surf que realiza a medida e por encargo de forma artesanal.
Con esta pequena homenaxe ao “nos” Naín Rodríguez Alonso, pechamos de momento o ciclo de posts dedicados aos artistas e ilustradores que conforman -ata hoxe- a Galería de artistas Cabuxacuxos traballos e ilustracións para as coleccións e pezas únicas Cabuxa xa forman parte da auténtica Artesanía de Galicia.