Cabuxa

,

Broche ovalado ‘Ao Corte’

Referencia: BAC Categorías: , Etiqueta:

38,00 

Dúas tiras de pel de vacún craquelada en branco, cada unha recortada en doce flecos ríxidos, entrelázanse formando un óvalo que combina forza e elegancia. O engarce e o pincho de peche están realizados en prata de lei, achegando un detalle sutil e seguro sen restar protagonismo á pel. Feito a man, é unha peza con carácter propio, que achega un toque sofisticado e distintivo a calquera estilismo.

Medidas da pel: 7,5 × 4 cm

Dispoñibilidade: Hai existencias

Coidados básicos

Para conservar o seu artigo Cabuxa nas mellores condicións, evite o contacto con produtos grasos, cosméticos, perfumes e locións, que poderían causar a decoloración da pel. Se o seu artigo se molla, retire o exceso de auga con toallitas secas sen fregar e deixe secar a temperatura ambiente ou axúdese dunha fonte de aire natural frio. É conveniente que garde o seu complemento sempre na súa embalaxe orixinal.

Envíos e devolucións

Podes consultar as nosas condicións para envíos e devolucións aquí.