Pulseiras, Xoiería artesanal
Pulseira ovalada prata ‘Ao Corte’
41,00 €
Dúas tiras de coiro de vaca branco crebado, cada unha cortada en doce franxas firmes, entrelázanse para formar un óvalo con personalidade e elegancia. Unha das correas incorpora un fino fío de prata de 1 mm, que engade un sutil detalle de contraste sen restar protagonismo ao coiro. Feito a man, reflicte a inspiración urbana e tribal nun deseño contemporáneo e sofisticado.
Medidas da pel: 7,5 × 4 cm
Dispoñibilidade: Hai existencias
Coidados básicos
Para conservar o seu artigo Cabuxa nas mellores condicións, evite o contacto con produtos grasos, cosméticos, perfumes e locións, que poderían causar a decoloración da pel.
Se o seu artigo se molla, retire o exceso de auga con toallitas secas sen fregar e deixe secar a temperatura ambiente ou axúdese dunha fonte de aire natural frio.
É conveniente que garde o seu complemento sempre na súa embalaxe orixinal.
Envíos e devolucións
Podes consultar as nosas condicións para envíos e devolucións aquí.






