Xoiería artesanal, Gargantilla
Gargantilla ‘Ao Corte’
65,00 €
O corte limpo da pel de vacún craquelada en branco, con cantos de cor que engaden contraste, dálle forma a unha gargantilla con 60 flecos ríxidos que cae con naturalidade e elegancia. Inspirada no urbano e no tribal, axústase cun peche imantado e está elaborada a man. Unha peza que achega forza e carácter a calquera estilismo.
Medidas da pel: 50 × 3 cm
Diámetro da gargantilla: 15 cm
Dispoñibilidade: Hai existencias
Coidados básicos
Para conservar o seu artigo Cabuxa nas mellores condicións, evite o contacto con produtos grasos, cosméticos, perfumes e locións, que poderían causar a decoloración da pel.
Se o seu artigo se molla, retire o exceso de auga con toallitas secas sen fregar e deixe secar a temperatura ambiente ou axúdese dunha fonte de aire natural frio.
É conveniente que garde o seu complemento sempre na súa embalaxe orixinal.
Envíos e devolucións
Podes consultar as nosas condicións para envíos e devolucións aquí.










