Pendentes, Xoiería artesanal
Pendente aro ‘Ao Corte’
39,00 €
A pel de vacún craquelada en branco transfórmase nun aro de flecos firmes, definidos pola forza e o grosor do material. Cada corte realza a textura da pel, mentres os engarces en prata de lei engaden un detalle sutil e luminoso. Unha peza feita a man que combina a inspiración urbana e tribal cunha elegancia
contemporánea.
Medida: 5,5 cm x 5,5 cm.
Dispoñibilidade: Hai existencias
Coidados básicos
Para conservar o seu artigo Cabuxa nas mellores condicións, evite o contacto con produtos grasos, cosméticos, perfumes e locións, que poderían causar a decoloración da pel.
Se o seu artigo se molla, retire o exceso de auga con toallitas secas sen fregar e deixe secar a temperatura ambiente ou axúdese dunha fonte de aire natural frio.
É conveniente que garde o seu complemento sempre na súa embalaxe orixinal.
Envíos e devolucións
Podes consultar as nosas condicións para envíos e devolucións aquí.






