Cabuxa

Artesanía no Baixo Miño. Emoción creativa en estado puro

O dicionario define Artesanía como “arte no que se traballa fundamentalmente coas mans, sen procesos automatizados ou seriados” Por definición, cada peza de artesanía é única e irrepetible. Se a isto engadimos intanxibles como a tradición, a historia, o arraigo sociocultural ou a idiosincrasia dunha comarca tan imprescindíbel na cultura galega como a do Baixo Miño, atopamos as claves da Artesanía auténtica. Porque esta é terra de artesáns e ‘obradoiros’ que, coas súas creacións, preservan a emoción da Artesanía e o valor intanxible dos oficios tradicionais dos nosos devanceiros.

Para os que (aínda) non coñezades Galicia, a comarca do Baixo Miño, formada polos concellos de A Guarda, Oia, Tomiño, O Rosal e Tui, perfílase entre o manso curso do río Miño na súa desembocadura ao Atlántico e o extremo suroeste da provincia de Pontevedra. A súa estratéxica ubicación, fronteira xeográfica -que non cultural- co noso veciño Portugal, o microclima e a riqueza natural da contorna convertiron ao Baixo Miño en punto de encontro de multitude de sinerxías sociais, artísticas e culturais. A modo de exemplo, hai escasos días a ponte internacional Tui-Valença convertíase, da man de Ikfem, en escenario de actuacións musicais de todo o mundo e pasarela de moda coa presenza de deseñadores como Ágata Ruiz de la Prada ou a portuguesa Katty Xiomara.

Se a inspiración está no aire, o Baixo Miño respira emoción creativa en estado puro. E non o dicimos nós. A Asociación Gallega de Artesanía (AGA) incorpora no seu rexistro oficial ata unha vintena de artesáns da comarca con oficios tan variados como os relacionados coas artes decorativasecharía artística, cantería, ebanistaría e cerámica; o sector oda e complementos: xoiería, marroquinería, accesorios e encaixes para o téxtil; unha importante representación do tradicional oficio das ‘redeiras’, e mesmo ‘luthiers’ de instrumentos populares,… Un claro exemplo da vital herdanza cultural dun pobo que soubo adaptarse para conectar con quen, fronte á cultura do ‘usar e tirar’, apostamos polo valor único e irrepetíbel da Artesanía.

A produción limitada destes pequenos ‘obradoiros’ condiciona moitas veces a súa distribución en espazos de venda minoritarios. Coñecer estes puntos ‘secretos’ é fundamental para gozar en vivo a emoción destas creacións. Por iso, se nas vosas vacacións planeades visitar a comarca do Baixo Miñoecomendámosvos non perder estes puntos de venda: Porta da Pía en pleno centro de Tui, un espazo cunha excelente selección de pezas de artesanía da comarca e Galicia, e a tenda-obradoiro de xoiería Areladefe de A Guarda. Areladefe de A Guarda. Neles atoparedes produtos que, como as pezas Cabuxa, están recoñecidos co selo Artesanía de Galicia; e por suposto, lembrade que sempre nos podedes visitar na nosa tenda-obradoiro e na web.