Cabuxa

A arte na pel de Cabuxa na Feira Mercado de Artesanía de Madrid, do 1 ao 30 de decembro

Coa época pre do Nadal recentemente estreada e as vacacións ao virar a esquina, Cabuxa chega a Madrid para participar na XXXII edición da Feira Mercado de Artesanía que se celebra durante todo o mes de decembro na zona de Recoletos. Recoñecido como un dos maiores expoñentes do sector artesán do noso país, esta edición congrega a 155 talleres e máis dunha trintena de artesáns de oficios tan diversos como a olería, el grabado e a ourivaría, a xoguetería tradicional y a bixutería, peletería, vidriería e marroquinería entre outros. Unha ampla oferta que converte este certame nunha cita imprescindíbel para quen busca un agasallo diferente e orixinalidade nas súas compras de Nadal.

A nosa cabriña viaxa desde Galicia á capital, e faino pertrechada cunha selección especial de coleccións de bolsos e complementos ilustrados en pel: bomboneiras, mochilas, carteiras, moedeiros, pezas únicas e pequenos accesorios en bixutería de prata e pel recoñecidos co selo Artesanía de Galicia. Unha oportunidade perfecta para quen aínda non nos coñezades, podades descubrir de primeira man as nosas últimas creacións nas que tradición e deseño de vangarda se fusionan en pezas que exhalan a exclusividade da auténtica artesanía en pel.

Ao longo dos seus máis de trinta anos de historia, pola Feira Mercado de Artesanía da Comunidade de Madrid pasaron máis de 2.000 obradoiros de todo o país, unha iniciativa promovida polo concello en colaboración co Gremio de Artesanías Varias e a Asociación Profesional de Artesáns da Vila que aposta pola difusión e venda de produtos de artesanía con demostracións en vivo e animación para todos os públicos. Nesta edición, o certame retoma o emprazamento orixinal que o viu nacer, o paseo de Recoletos, e amplía a súa zona de exposición desde Cibeles ata a Praza de Colón.

Se es dos que desfruta como un neno percorrendo mercados de Nadal, non te podes perder a Feira Mercado de Artesanía da Comunidade de Madrid. E lembrade pasar a visitarnos porque durante todo o mes de decembro, a arte na pel de Cabuxa espéravos no stand número 153 en horario ininterrompido de 11:00 a 21:00h con agasallos orixinais “feitos a man” para sorprender nestas festas.