Cabuxa

Unha ‘cabuxa’ no sofá. Almofadas artesanais en pel ilustrada.

Sempre quixemos traer unha ‘cabuxa’ (‘cabra’ en galego) a casa. Tampouco moi grande para que estea cómoda no sofá do salón, na habitación ou naquela butaca especial á que temos tanto cariño; un tamaño medio para que a poidamos abrazar e arrumar no noso sillón. Unha ‘cabuxa’ única e con personalidade propia… ¡Pois ben, xa a temos!: a nosa ‘cabuxa’ xa está en casa e non podemos estar máis contentos, ¿queredes coñecela? 😉

Cabuxa presenta a nova liña de almofadas en pel con ilustracións de autor. Confeccionadas artesanalmente con peles de suavísimo tacto, apertura traseira sen remaches e cores coordinadas en vermello e camel, as almofadas Cabuxa nacen inspiradas na delicadeza de dúas das nosas coleccións fetiche: “Bebendo de ti” (Leandro Lamas) e “El pasatiempo de los príncipes” (Nerina Canzi). Pezas únicas que poderás combinar en dous tamaños diferentes -cuadrado e alongado- que darán ese punto de calidez e orixinalidade a calquera ambiente.

Estamos tan contentos co resultado das nosas almofadas que nos as levamos á feira Mostrart de A Coruña (do 30 de xullo ao 15 de agosto), a cita anual coa Artesanía de Galicia que non te podes perder. Se vas estar preto estes días, vén a coñecernos; estaremos encantados de presentarchas as nosas coleccións e novidades en almofadas de pel. Para os que non podedes pasarvos, podedes ver un adianto na nosa web e redes sociais Facebook… Ti tamén querrás unha ‘cabuxa’ no teu sofá 😉