Cabuxa

Sorteo de verán Cabuxa: clutch e broche, colección Toulouse-Lautrec

En plena época estival e coincidindo que moitos de vós estaredes disfrutando de unhas merecidas vacacións, hoxe facemos un alto no noso percorrido polo mundo bloguer dos últimos posts para convidarvos a participar nun sorteo moi especial. Vamos a regalar entre os nosos clientes e amigos un kit composto por broche e clutch da colección Toulouse-Lautrec. ¿A que suena ben? ¡Seguid lendo!

Clutch Toulouse-Lautrec, realizado en pel vacuno impresa cunha ilustración de autor, peche de cremallera, bolso interior e asa de man. Unha peza funcional e moi ponible que será a estrela dos teus looks. Relegado durante anos como complemento ‘bbc’ (bodas, bautizos e comunións), nas últimas tempadas o clutch tomou o protagonismo das rúas, escaparates, outfits, as compras e por suposto de festas e celebracións. Para adaptarnos á súa versatilidade de uso, en Cabuxa confeccionalo en tres medidas estándar que poderás levar como bolso de man ou ao ombro.

Xunto co bolso-clutch (clutch), o noso gañador/a recibirá un precioso broche Toulouse-Lautrec estampado sobre pel ecolóxica. ¡Un revival dos complementos que volta con forza!

Participar no sorteo Cabuxa de clutch e broche é moi fácil, só tes que facer 2 cousas:

  1. Comparte no teu muro de Facebook unha foto dalgunha das pezas Cabuxa que vos houbéramos regalado ou comprado.
  2. Etiquétanos na túa publicación -somos: cabuxa.com-.

Fainos moita ilusión ver como os nosos produtos adquiren nova personalidade nas mans dos nosos clientes e amigos. Anímate a tomar a túa mellor selfie cunha peza Cabuxa e ¡participa! O prazo finaliza o 31 de xullo.

Grazas por participar e compartir. ¡Moita sorte!