Cabuxa

Clutch ‘Tulipanes’ de Cabuxa por a bloguer Maggie Dallospedale

Na nosa particular incursión no mundo bloguer das tendencias hoxe visitamos Italia, un país cun intenso arraigo ao mundo da arte e do deseño cuxo “made in Italy” destila elegancia e calidade por todo o mundo. E facémolo de man de Maggie Dallospedale, autora do blog Indian Savage e experta fashionista entregada ao estilismo, a moda e á ‘dolce vita’ italiana.

No seu post “Clutch o pochette by Cabuxa per uno spring outfit con crop top”, o noso clutch da colección “Tulipanes” comparte protagonismo cun elegante outfit de crop top lencero, pantalón branco de talle alto e blazer mariño, todo do deseñador italiano Luigi Di Focenza. A través dunha estupenda sesión fotográfica que nos traslada ás rúas da “vecchia” Italia, Maggie Dallospedale móstranos como incorporar o clutch no día a día; un enfoque que “normaliza” o seu uso máis alá do tradicional accesorio de festa. O resultado non nos pode gustar máis: estilo urbanita e elegancia para a muller actual.

Nun tono desenfadado e moi accesible, a nosa bloguer incorpora unha interesante reflexión sobre as diferenzas entre clutch e pochette (…“questa bellissima borsa di Cabuxa, come la possiamo definire?) que conclúe coa opinión unánime de tres deseñadores italianos (“questo modello -clutch Tulipanes de Cabuxa- è una clutch a busta”) e da que Maggie subliña o seu carácter “único” e “irrepetible”, producido íntegramente en Galicia.

En Cabuxa fascínanos descubrir as posibilidades de estilo que as nosas blogueras recrean coas pezas das nosas coleccións. Unha aposta decidida e inspiradora que pon en valor o traballo artesán do noso pequeno taller desde a perspectiva da moda global e as tendencias.

Deixámosvos os links ao blog e Instagram de Maggie Dallospedale coas referencias feitas a Cabuxa. Instagram Blog

Grazie mille, amic@s!