Cabuxa

Cabuxa estrea no mundo blog da moda e as tendencias

Desde os nosos inicios sempre nos mantivemos fieis aos principios de artesanía, calidade e creatividade como ‘alma mater’ de Cabuxa. La incorporación de nuevos materiales, nuevas técnicas, nuevas ideas, nos han hecho crecer en el oficio artesano de la piel sin perder nunca la esencia de nuestra marca. En esta continua evolución, internet, y su imparable exposición global, adquiere cada vez más protagonismo en el feedback con nuestro público, por eso en cada paso que damos en este mundo tan “ajeno” a nuestro día a día en el taller, revisamos que nuestro compromiso artesano y creativo siga intacto.

Hoxe fainos moita ilusión presentar o noso estreamento “oficial” no mundo bloguer da moda e as tendencias. Unha oportunidade increíble para presentar o noso traballo a miles de persoas. Encantounos a idea de formar parte desta aldea global, así que iniciamos a nosa experiencia bloguer de man dunha xoven pero prolífica experta: Gabrielle, quen desde o seu blog “A Glass of Ice”, A lifestyle blog celebrating all things bright and beautiful, comparte o estilo de vida inglés co seu particular punto de vista sobre moda, beleza, viaxes… Frescura narrativa, naturalidade e un incrible book, son as chaves dun blog que xa conta con máis de 1,5k de seguidores en todo o mundo.

Baixo o evocador título “Unique designs, places of mine…” e no entorno dun precioso invernadoiro típicamente británico, Gabrielle preséntanos o clutch da colección “The Garden of the Dreams” ao que define como unha peza única (“Unique is certainly the word in the case of this portfolio bag”). Para a sesión fotográfica, a nosa bloguer elixiu un elegante e sinxelo vestido negro sen mangas sobre camiseta branca e botas altas, un outfit no que o noso clutch é o complemento perfecto.

Estamos encantados con esta primeira incursión no mundo bloguer, unha experiencia moi positiva na que as novas tecnoloxías nos permiten manter a esencia creativa do noso traballo ao tempo que damos a coñecer as coleccións en pel Cabuxa e o selo Artesanía de Galicia máis alá das nosas fronteiras. Repetiremos, seguro! Estade atentos ao noso seguinte post.

Fai clic nos seguintes enlaces para acceder ao blog e Instagram de Gabrielle: Blog Instagram