Cando deseñamos un novo modelo de bolso, gústanos velo como o xermolo dunha familia que nace ao seu redor, por iso investigamos as súas posibilidades para adaptalo a novos formatos e diferentes usos. Dos troqueles iniciais de bolsos en pel Cabuxa, vimos como nacen novas versións que continúan a nosa filosofía: a creación artesá de pezas en pel, únicas (Pezas Únicas) e versátiles.
O bolso bombonera é un dos nosos clásicos que nestas últimas tempadas adquiriu protagonismo con novas ilustracións e acabados; a maleabilidade das nosas peles, a súa ampla capacidade e a practicidade do seu uso convérteno en imprescindible para os looks máis actuais.
Podría dicirse que as mochilas Cabuxa son a evolución das nosas primeiras bomboneras; de deseño minimalista, construción xeométrica con bolsillos e tapa de peche estampada (Valor Artesano), modelos contemporáneos, funcionais e cun marcado espírito urbano…
Investigando nas necesidades do bolso actual, nacen os Tote de Cabuxa, que aínda que teñen a súa orixe na década americana dos sesenta, volveron con forza para quedarse. As súas claves: gran capacidade e comodidade; en Cabuxa (Cabuxa) recreámolo en pel de primeira calidade, engadindo bolsillos e un práctico portallaves interior, dobre asa de man e correa regulable e, por suposto, a estampación indeleble das nosas ilustracións.
Os de ombreiro e Bandoleiras completan a nosa selección de bolsos amplos e versátiles cos que poderás levar unha peza de artesanía de Galicia certificada no teu look diario.
Unha das nosas últimas incorporacións á nosa sección Bolsos é o clutch, con estampación artesanal e realizado en tres medidas diferentes para levalo de man ou cunha cadea ao ombro; a sinxeleza das súas formas e a alta calidade dos seus acabados convérteno nunha peza revival de plena actualidade. E para os que aínda non os coñecedes, queremos despedir este post convidándovos a descubrir a nosa nova creación: a colección “Nude“, unha selección de bolsos onde a elegancia das súas formas realza a beleza da pel desnuda. Descúbrea e disfrútana, sorprenderáche.