Se no anterior post falabamos das pezas de Escritorio, hoxe presentamos a nosa sección Marroquinería: monederos, billeteros, fundas de gafas, tarjeteros e tabaqueras. Pequenas pezas que respiran personalidade e o ‘savoir faire’ da nosa marca.
Os billeteros Cabuxa aportan a nota de cor en calquera bolso. Estampados con ilustracións das nosas coleccións, están dispoñibles en dúas prácticas versións: carteira-billetero con distintos compartimentos cosidos e rematados a man, e billeteros.
Outro dos imprescindibles que non pode faltar son os monederos. De fleje (monedero fleje), tipo sobre (monedero sobre), redondos (monedero redondo), con cremallera (monedero cremallera)… unha ampla variedade de modelos, tamaños e ilustracións. En pel de primeira calidade e a garantía dunha peza artesanal feita en Galicia.
Confeccionadas sobre unha única peza ilustrada, as fundas de gafas están rematadas cunha elegante solapa de seguridade e peche de metal. A maleabilidade e resistencia da dobre capa de pel garante a súa durabilidade.
Os tarjeteros, deseñados a xogo con carteras e bolsos das nosas coleccións, son pezas moi prácticas e versátiles, con ampla capacidade de almacenaxe, coidado deseño e fabricación artesanal, dispoñibles en dous modelos: con funda estampada e tarjetero sinxelo.
Inspiradas nas tradicionais bolsas de tabaco de liar, as tabaqueras son un clásico que se renoven cada tempada con novas ilustracións. Tacto moi suave e maleable con cantos pintados a man, compartimento interior e peche en cordón de pel.
Ata aquí a nosa sección Marroquinería, toda unha declaración de intencións que recupera a esencia deste arte, cuxo orixe -’marroquín’- alude a un tipo de coiro de acabado fino e flexible empregado para a confección de pezas de pequeno tamaño. En Cabuxa engadimos o noso marchamo persoal con ilustracións de autor (artistas) estampadas en pel ecolóxica e o recoñecemento do selo ‘artesanía de Galicia’ (artesanía de Galicia) en todas as nosas creacións.