En cada accesorio, complemento ou bolso que chega aos nosos canles de distribución (tienda online, feiras e amostras de artesanía e puntos de venda por todo o país), trasciende o traballo laborioso de moitas mans e horas de dedicación dun gran equipo de colaboradores. Unha sinerxía creativa de coñecemento, bo facer e tradición artística que fai posible transmitir a emoción da artesanía en cada peza. Curtidores, encuadernadores, orfebres… e por suposto, ilustradores.
Ao longo desta última década de traxectoria, artistas de diferentes partes do mundo deixaron a súa pegada -e firma- en Cabuxa. De todos eles gardamos historias e grandes recordos máis alá incluso do valor artístico e emocional que transmite a súa obra, que en Cabuxa estampamos de forma indeleble sobre a pel O noso internacional Leandro Lamas e a doçura das súas ilustracións (Bebendo de ti); a alegría colorista do cubano Enjamio (Barrio Alto); a blogger e deseñadora Vanessa Datorre coas súas elegantes composicións (Coquette); a explosión creativa de Penelope Moreno do colectivo PeKolejo (The garden of the dreams); Nerina Canzi e a beleza do seu universo onírico (El pasatiempo de los príncipes); ou o realismo máxico do recentemente falecido Yoshiro Tachibana (Nordic Váren) son algúns exemplos de artistas cuxas ilustracións inspiran moitas das coleccións Cabuxa. Todos eles -e moitos máis- xa forman parte da nosa particular Galería de Artistas.
Como vedes, tras a produción de cada colección xorde unha intensa colaboración na que as obras dos nosos ilustradores cobran un gran protagonismo. Por iso en Cabuxa coidamos moito o proceso de selección, investigando tendencias e disciplinas artísticas, descubrindo novas técnicas e visionando centos de traballos de artistas emerxentes ou xa consolidados. É un traballo minucioso no que en ocasións nos vemos obrigados a elixir un só entre centos de moi bos traballos para preservar a producción artesanal e limitada de cada unha das nosas pezas. Moi pronto amosaremos a nova colección Cabuxa cuxos detalles estamos ultimando. ¿Queredes coñecela? Por agora déixavos cun pequeno fragmento da ilustración que esperamos que vos emocione tanto como a nós.