Cabuxa

Nova Colección “Carpe Diem”

Estamos encantados de presentar “Carpe Diem”, a nova colección na que estivemos traballando estes últimos meses e que nos ten totalmente fascinados. Unha selección de bolsos, accesorios e complementos confeccionados artesanalmente e ilustrada pola multidisciplinar artista sevillana Raquel Díaz Reguera.

Grandes doses de tenrura, cor e un elegante estilo naif poderían describir o traballo desta recoñecida ilustradora cuxa obra alguén definiu como “catálogo de sentimentos” máis alá do puro trazo… E en Cabuxa non podemos estar máis de acordo, por iso refinamos ao máximo o noso proceso orixinal de estampación sobre pel ecolóxica para que unha a unha, todas as pezas da colección adquiran e preserven de forma indeleble a textura e os tons orixinais da ilustración como o primeiro día. O resultado: unha colección cálida e vibrante, chea de optimismo e sentimentos á flor da pel que iluminará máis dun frío día de inverno.

Desde hoxe, Cabuxa abre as portas do noso particular “Carpe Diem” para que vós tamén podades disfrutar de “o voso momento” cunha colección creada desde o máis profundo valor artesán.

Colección: “Carpe Diem”
Creación: Cabuxa
Ilustración: Raquel Díaz Reguera

¡Carpe Diem, amigos!