Unha das cousas das que máis nos gusta falar no blog é das novas coleccións que imos engadindo ao catálogo Cabuxa e, por suposto, dos sorteos ou promocións puntuais. No pasado post estreábamos a nova colección “Carpe Diem” ilustrada pola artista sevillana Raquel Díaz Reguera; fai tan só uns días entregamos á gañadora do “Sorteo de outono” un precioso set da colección ‘Coquette’ composto por funda de gafas e libreta. Xa só nos faltaba poñer en marcha unha promoción para todos os nosos clientes e seguidores… ¡E fixémolo!
Durante este mes de novembro, en todas as compras da nosa tenda online ahorras un 10%. Bolsos, mochilas, portadocumentos, billeteros, tarxeteros, libretas e axendas, cojíns, llaveros, broches… todas as nosas pezas, todas as coleccións, incluída a sección “Pezas Únicas”, agora cun atractivo desconto.
Cando foi a última vez que te deches un capricho? Queres adiantar as túas compras de Nadal e aproveitar as mellores promocións? Pois agora é a túa, porque coa promoción “-10% online” tes ata o 30 de novembro para facerte con ese regalo especial, esa peza única ou o complemento ideal de artesanía que estabas buscando… Dáte unha volta por cabuxa.com e descubre todos os detalles da túa peza favorita comodamente desde a túa casa. E recorda, todas as pezas e coleccións son edicións limitadas, cunha estampación indeleble sobre a pel e elaboradas á man baixo o selo “Artesanía de Galicia”. Todo cun 10% de desconto. ¡Só até o 30 de novembro! A túa oportunidade 10. Eu que ti, non me a perdería. 😉