Cabuxa

Novo punto de venda Cabuxa. O Almacén Concept Store de A Coruña

O pasado día 19 de novembro abría as súas portas na cidade de A Coruña un espazo singular, único e cunha pizca especial que nos encanta. Explicámosvos por que: O Almacén Concept Store nace baixo a filosofía das “tendas concepto” que xa disfrutan algúns das grandes capitais de todo o mundo. Unha tendencia moi próxima ao slow shopping, onde a arte, a cultura e o deseño se entremezclan para ofrecer unha nova experiencia de compra afastada da frialdade dos centros comerciais e do hiperconsumismo. Un proxecto co que compartimos ideais e, desde xa, un espazo de exposición e venda na primeira planta de O Almacén Concept Store.

Para os que aínda non estedes moi familiarizados co termo, os “concept stores” caracterízanse por ser comercios cunha proposta de lifestyle transmitida a través do entorno, o deseño e/ou a arquitectura do propio establecemento e a particular selección de produtos e creadores. O Almacén Concept Store de A Coruña (Facebook) reúne sen dúbida estas premisas; situada nun edificio emblemático do centro da cidade, os seus promotores souberon recuperar o encanto dun espazo privilexiado dotándoo de vida e creatividade. Mobiliario, decoración, música, libros, complementos, arte e exposicións, xoiaría, moda… e ata un espazo gastronómico coas delicatessen de pequenos produtores, conforman a alma dun proxecto ambicioso no que novos creadores comparten espazo con firmas consagradas.

En Cabuxa estamos orgullosos de formar parte deste vibrante caleidoscopio creativo e podemos asegurar que a experiencia é fantástica. Estamos na primeira planta; alí atoparedes as novas coleccións e podedes coñecer os detalles e acabados das nosas pezas en pel distinguidas co selo “Artesanía de Galicia”. Se ti tamén disfrutas de espazos únicos onde todo ocorre con calma, sen présas e coa proximidade de produtos seleccionados, este é o teu sitio. Unha experiencia única para xente única.

Vémonos en O Almacén Concept Store, c/ Olmos 7 – A Coruña.