Cabuxa

Érase unha vez… Cabuxa no mercado navideño de artesanía Sevilla

E de repente, case sen quererlo nin avisar, o nadal toma posicións no calendario. Luzes, panxoliñas, rúas cheas de xente, reencontros de amigos e unha lixeira ilusión que comeza a contagiarse sen máis vacina que a de deixarse levar… Este ano, a nosa cabra retomou unha vella tradición: os mercados navideños de artesanía “auténticos”, eses nos que a arte, a creatividade e a artesanía con maiúsculas danse a man para mostrar o mellor de cada oficio. Así que para continuar co inverno tropical que vivimos en Galicia ;), ¡vamos a Sevilla!, unha cidade que, se xa de por si ten un encanto especial, estes días se transforma nun auténtico escenario de conto.

Protexidos coas nosas últimas coleccións e moita ilusión, puxemos rumbo ao mercado navideño de artesanía de Sevilla. O stand nº3 da Praza Nova agardaba por nós para recrear en apenas unhas poucas -pero intensas- horas o imaxinario particular de Cabuxa: coleccións ilustradas por Leandro Lamas (Bebendo de ti), Yoshiro Tachibana (Nordic Varen), Nerina Canzi (El Pasatiempo de los Príncipes) o Nude,entre outras, xa comparten escenario con pezas do noso máis recente traballo, Carpe Diem. Unha exquisita colección de bolsos -entre os que é novidade o modelo Kike-, cojines, billeteras e accesorios en pel ecolóxica ilustrados pola artista, cantante, compositora -e para máis señas, sevillana- Raquel Díaz Reguera que, cque, como a súa obra, desprende optimismo, beleza e un encantador toque naif.

É un auténtico pracer comprobar como o público experimenta a emoción da pel tatuada artesanalmente e recoñece o selo Artesanía de Galicia en todas as nosas coleccións. Pezas Únicas como a cartera portadocumentos Amendoeira e coleccións de edición limitada con ilustracións de autor que seguro sorprenderán a máis dun@ en forma de regalo especial estas festas. Ata o día 5 de xaneiro, Cabuxa estará en Sevilla vivindo o noso particular conto de nadal…

Mercado Navideño de Artesanía de Sevilla
Praza Nova – Stand 3
Sevilla