Xa non queda nada para acabar o ano e un día como hoxe moitos facemos balance do mellor (e tamén do menos bo) que vivimos durante estes meses. Moitos recordos quedarán en simples anécdotas, doutros non poderemos evitar un sentimento de nostalxia, pero seguro que de todos eles poderemos extraer o mellor e gardar as nosas particulares leccións de vida… E mentres tanto, a arte e a sensibilidade da creatividade ábrennos as portas a un novo ano cheo de proxectos e novas ilusións. Porque en Cabuxa gústanos pensar que a emoción da arte si pode cambiar o mundo.
No último post do ano quixemos render un pequeno homenaxe a todos eses artistas que, como os que xa forman parte da nosa particular Galería, nos inspiran e emocionan. E que mellor maneira de facelo que visitando un dos mellores exponentes museísticos do mundo, o museo Guggenheim de Bilbao. Unha breve pero intensa escapada onde o noso equipaxe foron os nosos ollos e unha mente aberta, e como compañeiro ideal o noso clutch en pel da colección -agotada!- ‘Toulouse Lautrec’. Un bolso carteira súper práctico e versátil que nos acompañou como un cicerone polas exposicións do museo.
Nada máis chegar alí estaba o terrier Puppy, a descomunal escultura floral do artista Jeff Koons dándonos a benvida; non puidemos evitar a analogía coas plantas que ilustran a colección The Garden of the Dreams (enlace), ¿imaxiñades que fosen as mesmas? ;)- A pel metálica que envolve o edificio, a súa delicada pero robusta ensamblaxe e a hipnótica estrutura das súas formas irregulares trasladáronnos a recrear coa imaxinación novas formas e volumes para as nosas Pezas Únicas.
Unha vez dentro, deixámonos atrapar pola videoinstalación de Fiona Tan e a exuberancia exótica de cores e accesorios de países afastados… Resulta case imposible resumir en unhas liñas a sacudida emocional que provoca contemplar a idiosincrasia pictórica de Francis Bacon, a incrible colección dos suízos Hermann e Margrit Rupf ou o vibrante conxunto escultórico que rodea o museo. Obras de Yves Klein ou Louise Bourgeois comparten espazo aberto coas sutiles esculturas de néboa de Fujiko Nakaya que inevitablemente nos trasladou ao linguaxe pictórico que o noso amigo falecido Yoshiro Tachibana deixou plasmada na colección Nordic Varen.
Cores, formas, novos linguaxes e materiais… en Cabuxa queremos inaugurar o novo ano cargados de grandes desexos de beleza, ilusión e creatividade. E recordade, a arte cambiará o mundo.
¡Feliz Ano novo, amig@s!