Cabuxa

OUTLET CABUXA. Desexos cumpridos.

Fai apenas un par de semanas, todos fixemos algún que outro desexo mentres despedíamos o ano. Moitos irán tomando forma pouco a pouco; aínda que reconozcamos, outros quedarán no camiño relegados ao limbo da lista de “cosas pendentes”… ¿Alguna vez pensastes a onde van eses desexos que nunca se cumpren? En Cabuxa reservamos un espazo especial para algúns deles e estamos seguros de que moitos atoparedes o voso.

Un desexo é un anhelo por conseguir algo, e en Cabuxa sabemos que os nosos bolsos e coleccións son obxecto de desexo para moitos. Por iso queremos comezar o ano abrindo a nosa nova sección outlet Cabuxa 2017 para que así tamén vós podades cumprir ese pequeno -ou grande- desexo. Seleccionamos algúns dos nosos pezas con interesantes descontos onde atoparedes bolsos carteira, monederos, billeteros, libretas e accesorios con ata un 50% de desconto sobre o prezo inicial.

Como vos comentábamos nun post anterior, todas as pezas do noso outlet forman parte das coleccións Cabuxa, foron elaboradas co mesmo proceso artesanal (ver máis) que nos caracteriza e ilustradas por artistas (ver artistas) como o cubano Luis Castro Enjamio ou Leandro Lamas, entre outros. Todas elas contan co recoñecemento do selo Artesanía de Galicia.

Convidámosvos a que deades unha volta polo noso outlet 2017, unha boa ocasión para facer realidade algún dos desexos do novo ano, ou quizais para sorprender a esa persoa tan especial…