Alguén dixo que “as cousas que máis disfrutamos na vida son as que facemos cos ollos pechados: rir, soñar e bicar”… Ao parecer, só así logramos centrar e intensificar todas as nosas emocións. E precisamente diso, de bicos —pero uns moi especiais— é do que hoxe queremos falarvos.
Como moitos de vós xa sabedes, fai un tempo que Cabuxa se iniciou no mundo blogger da man de Gabrielle e o seu blog A Glass of Ice, unha oportunidade fabulosa que nos permite chegar a un público global preservando o traballo artesán das nosas coleccións e pezas únicas. Nesta ocasión, e para endulzar o mes máis besucón do ano, presentamos Besos de chocolate e fresa e á súa “alma mater” Patricia, que como boa “apasionada da moda e todo o relacionado con ela”, actualiza puntualmente o seu blog coas últimas novidades en regalos, beleza, tendencias, viaxes… Un percorrido polo estilo de vida máis “in” onde tamén atoparedes os nosos accesorios, clutchs, billeteros, tarxeteros, fundas de gafas... e moitas pezas que agora podes disfrutar no noso outlet con descontos de até o 50%.
Se estás a pensar en celebrar este San Valentín cun regalo orixinal e trendy, pásate polo seu blog. Unha visita imprescindible e chea de boas ideas que será moi útil para sorprender e emocionar a esa persoa especial. E se non queres perderte os últimos outfits de Patricia cos nosos complementos en pel, fai clic nos seguintes enlaces:




