Cabuxa

Quen ten un portadocumentos ten un tesouro

Unha das cousas que nos namora de traballar con peles de alta calidade é a súa perdurabilidade co paso do tempo e, con iso, a súa capacidade innata de contar historias. O portadocumentos que ilustra este post data de 1810 e formou parte dos obxectos persoais máis prezados de Napoleón Bonaparte; nel atopáronse manuscritos oficiais cuxas chaves xa forman parte da Historia. De gustos exquisitos e luxosos, o emperador encargou unha serie limitada de portadocumentos en coiro de cor verde repuxado en ouro para o seu séquito, incluíndo a súa irmá pequena Pauline, quen decidiu darlle un uso menos prosaico e empregalo para gardar cartas de amor. ¿Imaxinades a cantidade de historias, intrigas, estratexias militares… que terán pasado por estas pezas?

Desde o seu orixe, os portadocumentos foron os gardiáns silenciosos de valiosos tesouros e, a pesar de que hoxe en día “a nube virtual” e os dispositivos tecnolóxicos se converteron en centinelas da modernidade, gústanos pensar que as nosas carpetas portadocumentos tamén gardarán “pequenos tesouros”. Por iso adaptamos a súa confección ás novas necesidades sen perder a autenticidade da tradición artesá; os cantos pintados á man refórzan o corpo principal, que se realiza nunha soa peza, o fuelle en pel permite regular a súa capacidade e o interior forrado en pecary garante a protección dos documentos. A ilustración de autor estampada artesanalmente sobre pel ecolóxica no exterior é a nosa particular versión do repuxado en ouro e ourivería dos primeiros portadocumentos.

Na nosa tenda online atoparedes lexislados portadocumentos das coleccións ‘Bebendo de ti’ e ‘O Pasatiempo dos Príncipes’, e carteiras portadocumentos con as regulables das coleccións ‘Barrio Alto’ e ‘Nordic Varen’. Convidámosvos a que descubrades por vós mesmos todos os detalles destas pezas certificadas co selo Artesanía de Galicia.