É curioso descubrir como moitos dos accesorios de moda que hoxe marcan tendencia naceron como ingeniosas solucións a necesidades concretas ou mesmo como ferramentas de traballo; por suposto, nun contexto histórico moi distinto do actual. Hoxe queremos compartir algunhas curiosidades sobre o orixe do bolso moderno: bandoleiras, bolsos de ombreiro, totes, complementos que usamos diariamente e que, sen embargo, foron pezas imprescindibles entre a clase traballadora de outros tempos. É a nosa particular forma de facernos eco da celebración -o próximo 8 de marzo- do Día Internacional da Muller. Se queredes saber que teñen en común o bolso bandoleira con esta data, convidámosvos a seguir lendo…
Situámonos na Europa de principios do século XX, tempos difíciles para unha sociedade onde, co masivo reclutamento dos homes para a guerra, a man de obra escaseaba e a subsistencia do fogar facíase cada vez máis precaria. Nunha lenta integración ao mundo laboral, a muller había profesionalizado na Administración a través dos servizos telegráficos e de correos, e neste contexto, a bolsa de as do longo foi unha ferramenta fundamental no reparto postal a pé ou en bicicleta, onde se necesitaba ter as mans libres. Lonxe quedaban xa as bandoleiras de coiro con as cruzada que usaron as sufragistas do século XIX para o reparto de panfletos nas manifestacións.
A principios do século XX, as bandoleiras anchas e sinxelas converteron en símbolo da muller traballadora de clase humilde. Coa diversificación do emprego nas cidades, as mulleres accederan en masa ás fábricas; a industria armamentística, de radiotelecomunicacións e confección eran sectores emerxentes que solicitaban man de obra feminina pola súa especial destreza e habilidade. A cambio de xornadas extenuantes e condicións laborais inexistentes, as mulleres —na súa maioría mozas inmigrantes— percibían salarios mínimos. Esta situación, arrastrada dende a revolución industrial do XVIII, tivo o seu gran revulsivo en marzo de 1911, a raíz do devastador incendio na fábrica de camisas “Triangle Shirtwaist”, no que morreron 123 traballadoras. O maior desastre industrial na historia da cidade de Nova York foi o detonante de importantes cambios lexislativos nas normas de seguridade e saúde laboral… e finalmente a visibilización dos dereitos da muller coa celebración do Día Internacional da Muller (antes, Día Internacional da Muller Traballadora).
A través da evolución da moda e os complementos aprendemos a interpretar os cambios que transformaron o noso mundo. En Cabuxa gústanos ter presente a historia das pezas que confeccionamos de forma artesanal con peles e materiais de primeira calidade. Pezas de edición limitada que, como os bolsos bandoleira, foron o símbolo dunha muller valente, independente e traballadora.




