Cabuxa

Agasallos para o Día da Nai

Aínda que o amor cara a unha nai debería demostrarse cada día, o 1º domingo de maio é a data ‘oficial’ na que elas son as verdadeiras protagonistas da casa. En Cabuxa xa o estamos celebrando, por iso ata o 30 de abril, os envíos son gratis* para todas as compras realizadas na nosa tenda en liña. Xa non tes escusa: entra en Cabuxa e escolle o teu agasallo ideal para o Día da Nai

Dámosche algunhas pistas (para todos os bolsillos):

Accesorios e pequena marroquinería. Para as mamás ‘máis detallistas’ preparamos unha ampla selección de pezas a prezos ‘mini’: desde llaveros, monederos, billeteros,… ata diademas de flores e fermosos collares para todos os estilos, que tal unha funda de gafas nova?, quizais un tarjetero para o bolso?… Se o que buscas é unha peza exclusiva en pel, a prezos de agasallo, esta é a túa sección. Porque para unha nai non hai agasallo pequeno.

Pezas de escritorio. De casa ao traballo, do traballo á compra, as obrigas diarias,… para esas mamás todoterreno coa cabeza en mil cousas, aquí temos o agasallo ideal: axendas e libretas en pel con ilustracións das últimas coleccións Cabuxa para ter todo ben organizado. Se estás pensando nun complemento ‘in’ para as súas reunións de traballo, echá un vistazo aos portadocumentos. ¡Encantaránlle!

Bolsos e mochilas. (mochilas), totes, bandoleras… Nesta sección atoparás máis de 40 modelos exclusivos de bolsos en pel para todos os estilos. Que tal se este ano sorprendes á túa nai cun práctico bolso de man ou de ombro para lucir a diario? Se prefires un look máis actual, non podes perderte os nosos clutchs: dispoñibles en tres tamaños, son o complemento ideal para calquera ocasión; praticidade e elegancia nunha mesma peza. E para as mamás máis orixinais, dá unha volta polas nosas bomboneras, un clásico renovado con novos detalles e fermosas ilustracións (artistas) que namoran.

Sabemos que o amor dunha nai non ten prezo, por iso na nosa tenda en liña (Cabuxa) creamos seccións adaptadas a todos os bolsillos, como o outlet Cabuxa, onde atoparás descontos de ata o 40%!, unha oportunidade (case) tan irrepetible como a que atoparás na nosa selección exclusiva de pezas únicas que farán as delicias de calquera nai: agasallos únicos para unha nai única.

Agardamos que este breve percorrido pola nosa tenda vos axude a atopar o agasallo perfecto para as vosas nais, pero recordade: o mellor agasallo é o cariño que se demostra día a día. ¡FELICIDADES! enormes a todas as mamás

*Promoción limitada a destinos dentro da Península. Preparamos as túas compras en embalaxes de agasallo. Todas as creacións Cabuxa están realizadas en peles de primeira calidade, estampadas de modo artesanal, con produción única ou limitada. Os nosos artigos están recoñecidos co selo “Artesanía de Galicia”.