Cabuxa

Cabuxa vai de tendas. Novos puntos de venda: Cabuxa en Madrid, Palma de Mallorca e Sanxenxo.

“Casa, posto ou lugar onde se venden ao público artigos de comercio ao por menor”, esta é a definición que a RAE dá na súa cuarta entrada para o termo “tenda”. Un pouco aséptica, non vos parece? En Cabuxa eguimos apostando por un novo concepto de “tenda”: espazos diferentes e únicos pola súa tradición e cultura e/ou pola calidade artística do seu xénero. Son eses espazos os que nos encanta descubrir e aos que acudimos para dar a coñecer a nosa marca e o selo Artesanía de Galicia. Hoy os queremos presentar tres nuevos puntos de venta que por su “encanto especial” se suman a la red de tiendas Cabuxa.

Comezamos por Madrid, onde nos estrenamos por todo o alto con Timyr, unha emblemática boutique no corazón artístico da capital. Emprazada fronte ao Museo do Prado e nun amplísimo espazo de 1.300 m², reúnen as firmas máis prestixiosas de deseño e marroquinería de todo o mundo. Un pracer para os sentidos orientado ao mercado do luxo xaponés e aos gustos máis refinados en artesanía, complementos e accesorios, produtos gourmet…

Visitamos agora Palma de Mallorca para coñecer Evocarte, pura inspiración mediterránea para unha tenda onde se respira a tradición e cultura da illa, pero tamén a paixón polo deseño e a fusión de tendencias. Accesorios, obxectos de agasallo, artesanía, decoración… cousas bonitas con ese aire vintage e romántico que nos encanta. Se estades de paso pola illa, non a podedes perder.

Regresamos á nosa terra, Galicia, máis concretamente a Sanxenxo, destino turístico imprescindible das Rías Baixas onde gozar e relaxarse. Nesta ocasión, o Hotel Spa Galatea** é o emprazamento elixido para a nosa vitrina-expositor que atoparedes na recepción deste hotel con encanto. Con este novo escaparate, o visitante poderá adquirir un recordo moi especial de Cabuxa ao seu paso por Galicia.

Se quedastes con ganas de máis, aquí podedes consultar a nosa rede de tendas.

Mentres, deixámosvos as direccións dos nosos recentemente estrenados puntos de venda Cabuxa.

BOUTIQUE TIMYR
Calle de Felipe IV, 3 (xunto ao hotel Ritz)
28014 Madrid

EVOCARTE
Carrer de l’Argenteria, 7 (antigua Calle Platería)
07001 Palma de Mallorca – Illes Balears

HOTEL SPA GALATEA
Lugar de Paxariñas s/n
36970 Sanxenxo – Pontevedra