Cabuxa

Nova colección Cabuxa… da man de Leandro Lamas

Benvidos á nova colección que moitos estabades agardando. Cun inconfundible estilo naif e un trazo cheo de dozura, fantasía, guiños de humor e cor, “Bebendo de ti” é o título desta encantadora ilustración de Leandro Lamas, artista polifacético e colaborador ‘recurrente’ da nosa marca. Con ela damos por (pre-) inaugurada a tan agardada primavera.

Estampada artesanalmente sobre a propia pel, a ilustración gaña protagonismo sobre as diferentes pezas da colección: bolsos bandolera, portadocumentos, monederos e diferentes accesorios deseñados en pel ecolóxica de tacto moi agradable.

Para nós foi toda unha verdadeira delicia traballar nesta colección, especialmente en días de inverno fríos e chuviosos; houbo incluso quen, con só contemplala, gañou unha boa dose de optimismo.

En Cabuxa estamos moi orgullosos do resultado e desexámosvos que tamén vós a disfrutedes con tanto cariño como o que puxemos en crearla.

Aquí podedes ver todos os detalles da colección.

Colección:Bebendo de ti
Creación: Cabuxa
Ilustración: Leandro Lamas