Cabuxa

Cabuxa by Vanessa Datorre. Glamour e elegancia para un estilo con alma

“A inspiración está en todas partes, a clave está en ser sensible a ela… e que te pille traballando”. O nome que ocupa hoxe o protagonismo do noso post é un claro exemplo desta afirmación. Vanessa Datorre é ilustradora e deseñadora de moda e tendencias cuxo traballo saltou á palestra cando, tras presentarse a diferentes concursos, obtivo o recoñecemento de Mellor Deseñadora Xove Galega 2005.

Con un meritorio bagaje académico —Máster en Dirección y Gestión de Empresas de Moda por el IED— y laboral a sus espaldas —Kina Fernández, Sfera, Carolina Herrera, Faber Castell…—, Vanessa Datorre se ha convertido en una diseñadora todoterreno con nombre propio, que vuelca su gran sensibilidad por la moda en la firma Boüret Atelier, donde, junto con su socia Noela Rivera, diseña hermosos vestidos de fiesta, novias y tocados. La capacidad creativa y de trabajo de esta diseñadora coruñesa la ha convertido en un referente de la ilustración de moda actual, cuyos diseños podéis seguir en su blog. En todos sus proyectos, participaciones en pasarelas e ilustraciones de moda, la elegancia femenina y un exquisito gusto por el detalle definen un estilo personal con alma.

A nosa colaboración con Vanessa Datorre supuxo un pequeno revulsivo na liña creativa das nosas pezas en pel que —alleas aos ditados da moda e as tendencias— confeccionamos unha a unha, baixo criterios de profundo respecto polo oficio artesán e a nosa técnica de estampación indeleble. O que nun principio ía ser unha colaboración puntual para a ilustración do cartel Cabuxa (ano 2015), converteuse nun intercambio de propostas, bosquexos e ideas das que finalmente naceu a colección Coquette; unha selección de bolsos, mochilas, carteiras, billeteros, accesorios de escritorio e pequena marroquinería que, co recoñecemento do selo Artesanía de Galicia, destila un irresistible toque de glamour e elegancia. As últimas pezas desta colección —esgotadas na nosa tenda online— estarán dispoñibles ata o 31 de xullo na Exposición de Artesanía do Parador de Baiona (Pontevedra).

Coquette foi “presentada oficialmente” na 30ª edición da Feira Mostrart da Coruña cunha estupenda acollida por parte do público. A poucos días de asistir a unha nova edición da feira de artesanía máis importante de Galicia, quixemos mostrarvos algunhas pinceladas do universo creativo de Vanessa Datorre, a ilustradora da nosa colección máis glamourosa.

Convidámosvos a visitar o seu traballo na nosa Galería de Artistas e nos seguintes enlaces:

E lembrade que entre o 29 de xullo e o 15 de agosto atoparémonos no stand 21 da Feira Mostrart da Coruña con novas creacións, pezas únicas en pel,… e moitas novidades que estamos seguros vos encantarán.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.