Suele ocorrer que, no mellor das vacacións, a unha dáselle por mirar o calendario, e ¡ohh, case estamos en setembro! E todos sabemos o que isto significa: volta á rutina. Algúns optarão por apurar as horas de sol e despedir as festas do verán como se non houbera un mañá, outros porán en orde a casa e retomarán o día a día con bos propósitos, pero seguro que moitos fareis balance das vacacións e gardaredes na memoria eses momentos tan especiais. En Cabuxa queremos compartir algúns dos nosos momentazos do verán. ¿Queredes coñecelos?
Xa sabedes que á nosa cabriña gústaelle viaxar e facer novos amigos, así que, a pesar de que menos do que nos gustaría, este verán fixemos un breve pero intenso percorrido por tres das feiras de artesanía máis populares de Galicia. No pleno mes de xullo puxemos rumbo a Ortigueira, un destino único para os que busquen a autenticidade da nosa terra: boa temperatura, praias infinitas, excelente comida… e por suposto un dos máis recoñecidos festivais internacionais do mundo celta. Simplemente incrible. E alí estivo Cabuxa, compartindo a experiencia con outros moitos compañeiros de oficio e as miles de persoas que acudiron para disfrutar da música, a artesanía de Galicia e o noso legado cultural.
Apenas sen tempo para recuperarnos, non podiamos, sen embargo, obviar a invitación a Mostrart en A Coruña, a feira de artesanía máis importante de Galicia. E non é para menos, tras máis de tres décadas de actividade, Mostrart adquiriu un especial renome entre visitantes e os máis de 50 expositores que alí nos reunimos. Unha longa lista de amigos para a que nos queda moi curto este post. Do 30 de xullo ao 15 de agosto disfrutamos dun ambiente fantástico, moitas novidades no sector do “feito a man” e a acollida dunha cidade que como ben di a canción “qué bonita é…”.
Unha preciosa experiencia tan só empañada pola triste nova do falecemento do noso amigo Yoshiro Tachibana (17 de xullo), cuxo traballo estivo presente para moitos dos que vos achegastes ao noso stand. A colección Nordic Varen, ilustrada por Nino, como lle coñecíamos entre os seus amigos, convertiuse nun pequeno homenaxe improvisado ao pintor ‘muxiano’ do “realismo máxico”. Non podemos máis que recordar a súa gran sensibilidade e xenerosidade. ¡Grazas, Nino!
Viveiro foi a última das nosas citas na axenda de feiras de verán de Cabuxa. Do 12 ao 21 de agosto, coincidindo coas súas festas patronais, máis de 40 talleres artesáns nos dimos cita nos xardíns da Travesía de A Mariña. Cestería, talla en madeira, coiro, textil, metal,… un gran escaparate para coñecer, disfrutar e adquirir pezas de auténtica artesanía de Galicia. Se aínda non a coñecedes, recoméndovos que fagades un oco nas vossas próximas vacacións.
E ata aquí, o noso foi un verán cheo de grandes momentos, encontros con amigos, moitas alegrías e algunha tristeza… A todos eles gardámolos no noso rinconcito especial, cun pouquiño de nostalxia quizais, pero con toda a satisfacción por terlos vivido.




