Para moitos, esta é a época dos proxectos e das novas perspectivas, quizais sexa unha resposta innata a sacudirnos a modorra do verán e retomar con ilusión o día a día. Porque a ilusión é o motor que nos move a todos a avanzar, imaxinar e crear. E en Cabuxa as nosas ilusións tradúcense en captar esos momentos case máxicos que nos inspiran no deseño de novas coleccións. Hoxe o noso post vai de iso. De que nos inspira e nos move a crear.
En Cabuxa sempre nos identificamos coa tradición artesá e a pasión polo auténtico, valores que xunto coa nosa querencia pola beleza natural nos levaron a instalar o noso taller artesán nunha pequena aldea do sur de Galicia. Un precioso entorno rodeado de pequenos vales coa presenza inmensa e tranquila do río Miño. Un lugar bucólico deses que case custa encontrar, podedes imaxinar o inspirador que resulta escoitar o silencio calmo da natureza? No noso traballo diario no taller, observar a través da ventana descúbrenos como a natureza crea preciosas estampas que nos inspiran as formas orgánicas de Pezas Únicas como Amendoeira, os colores vibrantes das nosas diademas ou as mariposas do portadocumentos Kallima. En outras ocasións son as texturas das follas ou das cortizas dos árbore os que nos evocan as solapas de pel ecolóxica que despois ensamblamos en Pezas de Escritorio, aportando dinamismo e ese toque natural que nos encanta.
Podríades pensar que sendo “cabuxa” un animal de campo, é natural que de alí chegue a nosa principal inspiración. Pois contaréoche un segredo: a nosa pequena cabra adora o mar, concretamente un rincón moi especial da praia de Patos (Nigrán) ao que, en non poucas ocasións, se escapa para sentir o oleaxe e respirar ese característico cheiro a salitre e area mollada. Alí é onde, entre incríbles postas de sol sobre as illas Cíes, baixan todas as musas para dar rienda solta á creatividade. Non hai nada igual. De volta ao taller, cos colores da perfecta “hora azul” aínda grabados na retina, a viveza das nosas ilustracións de autor convértense indelebles coa nosa técnica de estampación artesanal.
Agora, xa coñecedes un pouquiño máis das nosas fontes de inspiración, do motor que empuxa a nosa ilusión e o noso día a día. Sensacións estimulantes e enriquecedoras que descubren outra forma de crear e manter sempre viva a nosa curiosidade por investigar e apassionarnos co que facemos. Porque como dixo Van Gogh, “antes morrería de paixón que de aburrimento”.
¡Feliz inspiración!




