Hai poucos destinos tan atractivos (e cercanos) como a cosmopolita e ‘ultra-cool’ Londres, para gozar dun longo fin de semana de arte, cultura, ocio e… ¡artesanía!
Coincidindo coa celebración de “HANDMADE AT KEW” – Evento Internacional de Artesanía Contemporánea, Cabuxa preparou a súa mellor carta de presentación para coñecer e visitar a feira, contactar con posibles espazos de venda para as nosas coleccións, facer campaña de difusión da marca e mostrar a nova páxina web.
Capitaneada por Naín e pertrechados de material publicitario (tarxetas, flyers, revistas, muestrario de materiais,…), Cabuxa estaba a súa presentación na capital do imperio británico ;).
Na nosa visita á feira disfrutamos dun gran encontro de artesanos e creativos de todos os oficios que se daban cita no incrible entorno de Kew Garden’s para intercambiar experiencias e compartir as novidades do sector.
Unha oportunidade única para mostrarnos e facer novos contactos profesionais con colaboradores e público que se achegou a gozar de catro días de artesanía e inspiración creativa en estado puro.




