Cabuxa

Un escaparate aberto a espazos singulares

Despois do noso paso por algunhas das mellores feiras de artesanía de España, e coa idea de seguir en contacto directo co noso público, estrenamos moi ilusionados unha nova acción que queremos presentarvos: a rede de vitrinas-expositor de Cabuxa.

Pequenos escaparates de complementos e accesorios únicos que percorrerán espazos con encanto seleccionados de toda Galicia (hoteis, spas, balnearios,…) para amosar as nosas creacións e facilitar ao visitante ese recordo especial* da súa pasada por terras galegas.

*Todas as nosas creacións están avaladas polo selo ‘Artesanía de Galicia’.

Xa podedes visitar as nosas vitrinas en:

Hotel-Golf Balneario Oca Augas Santas
http://ocahotels.com/h/2997/inicio

Os Baños, s/n, Pantón 27430 – Lugo
… continuará 😉