Nun mundo no que a diario participamos de avances extraordinarios inimaxinables hai anos, que nos conectan e facilitan o noso día a día – chamémoslles innovacións en tecnoloxía, comunicación, investigacións en saúde, desenvolvemento do benestar,… – o que resulta máis incrible aínda é que nos teñamos estancado no fundamental que nos define e nos fai únicos como especie: o respecto e a igualdade. Un mundo no que 1 de cada 3 mulleres sofre violencia física ou sexual; un mundo no que unha muller entre 15 e 44 anos ten máis risco de sufrir violencia de xénero que de ser vítima de lacras como o cancro ou os accidentes de tráfico, NON é un mundo. É unha barbarie.
Somos testemuñas do noso tempo e negámonos a ser simples ‘invitados de pedra’ ante situacións de violencia que denigran, humillan, degradan, violan e matan a mulleres cada día en todo o mundo. Cremos que cada reacción de denuncia é un paso máis na eliminación do absurdo sistema patriarcal, por iso, cando o pasado 8 de marzo millóns de persoas nos unimos en manifestacións masivas por todo o país para reclamar a defensa dos dereitos femininos e o rexeitamento a “toda forma de exclusión”, soubemos que na nosa condición de artesáns era o momento de dar forma a unha idea que rondaba desde facía tempo no noso ‘obradoiro’. A colección Mujeres de Cabuxa nace como unha resposta -responsable e creativa- a esta situación, e faino dando vida a unha liña de complementos e accesorios de bixutería en pel e prata que visibilizan o hartazgo dun movemento imparábel.
Deseñada desde o máis profundo respecto, o estilo pretendidamente minimal e sobrio da colección Mujeres dirixe a atención cara a palabras e expresións reivindicativas gravadas na pel de mochilas, bolsos de man, bandoleiras, cintos, e nunha selección de pendentes e colgantes. Complementos e bixutería de artesanía en prata e pel elaborados a man que convidan a reflexionar e aspiran a ser canles do empoderamento feminino.
Bijhorca – Salón Internacional de Xoiería de París, e Bisutex en Madrid foron os dous escenarios elixidos para a presentación oficial da colección Mujeres, facéndonos eco do noso rexeitamento -como cidadáns e creadores- cara á actual conxuntura de desigualdade e violencia de xénero. Alí puidemos comprobar que máis aló das barreiras idiomáticas, a colección Mujeres conecta co sentir xeneralizado de miles de persoas en todo o mundo.
En Cabuxa sentímonos orgullosos de poder aportar o noso pequeno graíño de area na loita pola igualdade e o respecto desde a perspectiva máis reivindicativa do mundo da moda. Porque cada un@ de nós somos l@s únic@s artífices do cambio A colección Mujeres é a nosa particular homenaxe a esas mulleres e homes que cada día traballan por unha sociedade máis consciente e xusta.