Cabuxa

Embalaxes con maxia e envíos gratis en cabuxa.com

Vouvos contar unha historia que sempre recordo cando preparamos os agasallos para estas festas. Poñamos que a protagonista da nosa historia se chama Julia e que estamos a 5 de xaneiro de 1984. Julia e a súa irmá apuraban nerviosas unha tarde de chuvia sabendo que en poucas horas sería o gran día dos agasallos (non sei se o recordaredes, pero nos anos 80 os “Reis” eran os únicos que traían agasallos). Na tele daban a tradicional Cabalgata de Reis e as dúas irmás examinaban aquelas imaxes como último intento para averiguar se era verdade iso de que os Reis Magos eran os pais Julia non perdía detalle cando a cámara enfocaba as caras dos tres señores de oriente e por máis que miraba e remiraba non lles atopaba parecido nin cos seus pais nin con ninguén que coñecesen. A súa irmá -moito máis práctica- centrabase en averiguar se os camelos eran ou non “de verdade”; a cousa quedou case aclarada cando ao realizador se lle escapou un plano cunha tremenda boñiga do fabuloso animal…

A mañá seguinte a emoción dos agasallos quedou case eclipsada cando ao ver os paquetes, Julia deuse conta de que o papel de estrelas brillantes que os envolvía era ¡exactamente o mesmo dos agasallos que levaban os reis da tele! Aquela feliz coincidencia fixo que a maxia do Nadal se confirmase, un ano máis, na imaxinación da pequena Julia.

Contovos isto porque en Cabuxa gústanos pensar que o agasallo comeza no envoltorio, por iso en cada un dos envíos que realizamos desde a tenda en liña poñemos todo o agarimo e coidado para que cheguen ao seu destino perfectamente protexidos, envoltos e listos para agasallar (ou agasallarse un mesmo). Os nosos embalaxes están deseñados para resistir os trasiegos do transporte e preservar o tacto, a calidez e o formato orixinal de cada unha das pezas estampadas en pel; todos inclúen unha bolsa de tecido especialmente indicada para que poidas conservar o teu novo bolso, moedeiro, libreta, peza única... o cualqueira dos nosos complementos en pel, como o primeiro día.

Fieis aos principios de sustentabilidade da nosa marca e compromiso co cliente, empregamos na medida do posíbel materiais tan naturais como fío de rafia, cartón reciclado, papeis sen estuco ou detalles en pel para os nosos envíos e establecemos prazos de entrega entre 2 e 6 días na península e resto de Europa. Ademais, durante todo este mes de decembro os gastos de envío son gratis a partir de 40,00 euros Unha oportunidade fantástica para recibir a tempo e cunha presentación moi coidada os teus agasallos do Nadal.

Cada envío Cabuxa acompáñase dunha pequena sorpresa que tamén realizamos de forma artesanal no noso obradoiro,… pero iso, igual que lle ocorreu á nosa pequena Julia, será algo que teredes que descubrir por vós mesmos. Feliz tempo de ilusión amigos e que a maxia de agasallar nos chegue a todos.

Ahh!, e lembra que se necesitas ampliar información para as túas compras en liña de Nadal ou realizar calquera consulta sobre a elaboración de pezas personalizadas, o selo de calidade dos nosos produtos, selo de Artesanía de Galicia,… estaremos encantados de atenderte en [email protected] ou no teléfono (+34) 986 629 197.