En plena marabunta de ir e vir de compras navideñas, encargos, agasallos, luces e adornos de plástico, en Cabuxa gústanos apoiar -tamén estes días- iniciativas que difundan a tradición e autenticidade do pequeno comercio.
Este ano, a nosa cabrita chega cargada de cousas bonitas a dous dos mercados navideños que, pola súa aposta orixinal e diferenciadora, seleccionamos. Tomade nota:
• A trastenda de Nicomedes: Organizada pola asociación ‘Proa’ de artesanos de Viveiro, será o primeiro mercado navideño da cidade que reunirá a artistas e creadores galegos de distintas disciplinas. Desde o 18 de decembro ao 4 de xaneiro.
• No Market: En pleno centro da cidade de Vigo, o espazo coworking ‘La Estación’ abrirá as súas portas ao público os días 19 – 20 de decembro e 2 – 3 de xaneiro; dous fins de semana alternos nos que ‘No Market’ se converterá en escaparate de creativos, deseñadores e artesanos.
Se estades por Viveiro ou Vigo, non os podedes perder. Dous apostas comprometidas e de calidade onde atoparedes ese agasallo único e orixinal; e por suposto, a mellor selección de pezas e coleccións de Cabuxa.
¡Felices compras! ¡Felices festas! 😉




