Comezamos a conta atrás para unha das épocas máis máxicas do ano e esta vez nos queremos adelantar cunha sorpresa moi especial: abrimos as portas do noso estudo-taller ao público. Queremos compartir con amigos e clientes un espazo onde nos sentimos moi a gusto e que se converteu no noso segundo -ou quizais “no noso primeiro”- fogar. E como nos resulta tan acogedor, puxemos un pouco de orde e moito cariño na remodelación do taller Cabuxa para que na vosa visita vos sintades como nós, en casa.
En Cabuxa cremos na autenticidade do produto, no coidado pola selección de materiais, en cada detalle,… e gústanos transmitilo. Na vosa visita coñeceredes o entorno que nos rodea e nos inspira, a pequena e encantadora aldea de Baldráns; e o taller onde traballamos, o noso punto de encontro. Aquí veredes o proceso artesanal co que damos forma ás nosas creacións: desde que se deseña ata que se cortan, se ensamblan e se rematan con mimo todas as pezas. Un breve percorrido desde a orixe, ao produto final que chega ás tendas seleccionadas e dende agora, tamén á exposición e venda no propio taller. Unha experiencia para coñecer desde dentro o arte da pel. Da orixe ás túas mans.
As visitas establecense con cita previa. Xa podes concertar a túa nos teléfonos: 986 629 197 ou 606 759 454. Se o prefires, tamén podes enviarnos un correo electrónico a: [email protected]
No taller Cabuxa agardámosvos cos portas abertas!




