Cabuxa

Novas coleccións en Afundación – A Coruña

Sempre é un pracer regresar a lugares como o que Afundación de A Coruña destina á súa tenda: un auténtico festival para os sentidos onde cerámica, xoiaría, complementos, accesorios,… conforman unha galería de auténtica artesanía galega.

Coa incorporación deste espazo á nosa rede de puntos de venda e grazas á boa acollida do público, en Cabuxa apostamos por reforzar a nosa presenza con dúas novas coleccións:

Plaza Quintana: Cun inconfundible estilo de Leandro Lamas, esta colección recrea o imaxinario colorista de personaxes e escenas cotidianas do artista, ‘tatuadas’ sobre unha selección de bolsos-carteiras con diferentes medidas e acabados para todos os estilos.

Coquette: Ilustrada pola blogger e deseñadora Vanessa Datorre, a colección destila un irresistible toque de glamour e elegancia coordinada nunha selección de bolsos e accesorios moi coquetos.

Estas pezas súmense ás que xa se expóñen na tenda de Afundación. Se estás de visita por A Coruña e, como nós, es un/una entusiasta do arte e da cultura, non podes deixar de visitala… E ao termo do percorrido, lembra pasarche pola tenda: ¡alí atoparásnos!

Sede Afundación

Cantón Grande, 24
15003 – A Coruña