Cabuxa

Feiras profesionais do sector

Co inicio do ano, comezan os “buenos propósitos”, os coleccionables, as novas rutinas (ou non)… Bromas aparte, o que si é imprescindible no noso sector é marcar no calendario as feiras previstas tanto para o público xeral como as destinadas exclusivamente aos profesionais. E iso é do que vai o noso post de hoxe; a través dun breve percorrido por algúns dos eventos máis “in” invitámosvos a coñecer as claves destas grandes convocatorias. Desde as novas tendencias, materiais e compoñentes, ata os colores da tempada ou os avances técnicos, expóñense en estas feiras onde se dá cita un público moi heteroxéneo cun punto en común: a moda no seu sentido máis amplo

Arrancamos o noso percorrido en Italia. Desde o 18 de xaneiro, Milán vístese de pel coa feira profesional ‘Ante Prima’. A industria italiana é unha das máis recoñecidas no tratamento de peles, un ‘título’ que revalida cada edición presentando unha ampla selección de accesorios en coiro e pel destinados ao sector da marroquinería, calzado, peletería… ‘Ante Prima’ é unha aposta segura para todo o profesional que busque as máis altas cotas de calidade e deseño nos seus produtos.

En febreiro, París adquire todo o protagonismo con ‘Le Cuir’ (16-18 de febreiro), a feira por antonomasia do coiro e a moda. Glamour e industria mestúranse por igual coa visita de ‘cool-hunters’, compradores anónimos e influentes empresas de moda de todo o mundo que, durante uns días, comparten un mesmo espazo para coñecer e comprar as novidades da industria da pel.

Poucos días despois, de novo en Italia. Dicíamos que a historia do coiro e moda precede a este país e a convocatoria de dúas feiras en tan pouco espazo de tempo é boa proba diso. Entre o 23 e o 25 de febreiro, a cita obrigatoria está na cidade de Bolonia onde se celebra a feira Linapelle. Exclusivamente reservada aos mellores profesionais do sector, esta cita celebrese dúas veces ao ano (coincidindo co inicio das dúas grandes tempadas -primavera/verán, outono/inverno-) e reúne a compradores, investigadores e creadores internacionais.

En apenas un mes, tres das máis influentes feiras profesionais do sector móstranse ao mundo para marcar as pautas da nova tempada. Os creadores tomamos boa nota e interpretamos os cánones da industria con obras e coleccións orixinais que recrean as novas tendencias. Nós xa nos puxemos mans á obra traballando en novas pezas únicas que pronto vos presentaremos; mentres descubrimos os segredos que as fan tan especiais. Pero isto xa é outra historia que vos contaremos no noso próximo post…

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.